Actividades introdutorias |
Modalidade presencial: actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Modalidade semipresencial: actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia a través da plataforma Faitic. O alumnado semipresencial pode asistir, presencialmente, a esta actividade. |
Lección maxistral |
Modalidade presencial: Exposición por parte da profesora dos contidos sobre a materia obxecto de estudo.
Modalidade semipresencial: Trasmisión por parte da profesora a través da plataforma Faitic dos contidos sobre a materia obxecto de estudo. |
Debate |
Modalidade presencial: Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pódese centrar nun tema dos contidos da materia, a análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente na sesión maxistral.
Modalidade semipresencial: Discusión por medio de titorías virtuais entre un grupo de estudantes coa profesora. Pódese centrar nun tema dos contidos da materia, a análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente na sesión maxistral. |
Traballos de aula |
Modalidade presencial: O estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixa as directrices e supervisión da profesora. O seu desenvolvemento pode estar vinculado con actividades autónomas do estudante.
Modalidade semipresencial: O estudante desenvolve exercicios ou proxectos a través da plataforma Faitic baixo as directrices e supervisión da profesora. O seu desenvolvemento pode estar vinculado con actividades autónomas do estudante. |