1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (Maio-xuño 2018)
Avaliación continua É obrigatorio realizar e entregar no
prazo establecido as probas marcadas na avaliación. Os traballos
non entregados ou entregados fóra de prazo non se avaliarán. A data
límite de entrega do traballo será o 25 de abril de 2018, a través de Faitic
(apartado de exercicios) e impreso (nas sesións presenciais e antes do 25 de abril de 2018). Os traballos de aula serán realizados durante as sesións presenciais. A cualificación na primeira edición de actas
dos alumnos e alumnas que opten pola avaliación continua
corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas
realizadas durante cúrsoo. Para superar a materia será necesario
obter como mínimo un 4,75 en total. Avaliación única Neste
caso, a avaliación poderá realizarse mediante un exame único,
baseado nos contidos da materia, no que a nota constituirá o
100% da cualificación final. Este exame terá lugar ao final
do cuadrimestre e estará fixada no Calendario de exames
establecido e publicado pola FFT. A elección desta opción en ningún
caso supón a perda do dereito á asistencia. Ao alumnado que escolla esta modalidade de avaliación recoméndaselle que consulte regularmente os documentos que se irán colgando en Faitic. 2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (xullo 2018) Na
segunda edición de actas a avaliación levará a cabo
exclusivamente mediante un exame único, baseado nos contidos da
materia. Este exame terá lugar na data oficial de xullo aprobada
pola Xunta de Facultade e que figura tamén no Calendario de exames. Os alumnos e alumnas que non alcanzasen o aprobado na
modalidade de avaliación continua e que se presenten nesta
oportunidade de xullo deben ter en conta que non se gardarán en ningún
caso as notas dos traballos de aula e do traballo escrito. 3. ALUMNADO SEMIPRESENCIAL O
alumnado semipresencial seguirá a materia a través dos materiais que se
irán subindo a Faitic xunto coas titorías presenciais que se fixarán ao
comezo do curso. A avaliación do alumnado semipresencial coincidirá coa
do alumnado presencial en canto ao traballo tutelado (entregado a
través de Faitic antes do 25 de abril de 2018), pero en lugar dos
traballos de aula terán que entregar un ensaio (3000 palabras) cunha reflexión crítica sobre as lecturas indicadas ao longo do curso a través de faitic. Este ensaio
terá un valor do 30% sobre a nota final, e o traballo terá un
valor do 70% da cualificación final. 4. OUTRAS OBSERVACIÓNS Nos
alumnos e alumnas de avaliación continua, no caso de que tras a
avaliación conxunta sexan necesarios ata 0,25 puntos para superar a
materia, terase en conta a asistencia e participación regular e
activa na clase. O estudantado Erasmus poderá realizar as probas coa axuda dun dicionario. Tanto
no exame como no traballo escrito e no resto dos exercicios
propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na expresión, as incoherencias sintácticas, etc. |