Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Sintaxe da lingua galega I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas Refírese ás actividades en que se formulan problemas e /ou exercicios relacionados cos contidos da materia, así como resumos de lecturas que complementan as leccións maxistrais. Préstase especial atención á análise sintáctica de textos en árbore e ó comentario gramatical razoado e argumentado de construcións sintácticas problemáticas en canto á súa interpretación. Naqueles casos en que o profesor entregue previamente os exercicios, recoméndase que o/a alumno/a os traia traballados.
Para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL, o profesor colgará na plataforma Faitic as prácticas para facer e deixará un prazo de tempo para a súa resolución. Rematado este, faralles chegar via e-mail, ou dende a propia plataforma, un solucionario para a súa autocomprobación.
Lección maxistral Son as horas que o docente dedicará a expoñer contidos da materia e as directrices e bases teóricas dos traballos, exercicios ou análises sintácticas que deberá facer o alumnado. Recoméndase que cando o profesor facilite por adiantado fotocopias ou outro material o alumnado leve previamente traballado ese material.
O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL disporá dos materiais necesarios para avanzar en cada unidade temática na plataforma de ensino virtual Faitic ou, no seu caso, en fotocopia ou PDF; o profesor poderá facerllos chegar tamén a través de e-mail. Segundo dispoñibilidade na Facultade, existe a posibilidade de gravación en vídeo destas aulas.
Eventos docentes y/o divulgativos Refírese a conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas, debates... realizados por poñentes de prestixio, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia ou relacionados con ela.
Actividades introdutorias Son as actividades que se realizan o primeiro día de clase dedicadas a expoñer os obxectivos, as principais tarefas do curso (lecturas e traballos de redacción obrigatorios) e a bibliografía da materia.
Sería conveniente que o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL acudise a esta sesión de presentación. Ese día dáse material fotocopiado. De non ser posible, o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL deberá poñerse en contacto co profesor vía e-mail.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000