Esta materia é presencial e a súa avaliación continua. As metodoloxías descritas no cadro e as porcentaxes
asignadas a cada unha delas aplícanse ao sistema de avaliación continua. No entanto, se algún alumno, por motivos xustificados, non pode asistir a clase, deberá presentar nas dúas semanas seguintes ao día no que se matricule un xustificante especificando este particular. ESIXENCIAS DA AVALIACIÓN CONTINUA: -
Entregar dentro do prazo establecido o 100% das tarefas encomendadas ao
longo do curso, incluídas aquelas que non teñen peso na cualificación
final. Todas as tarefas deberán estar completas para que conten como entregadas. Para o desenvolvemento da proba práctica permítese o uso de apuntamentos e medios impresos pero non medios telemáticos. Para as probas de resposta curta non se permitirá o uso de ningún destes recursos. A PROBA PRÁCTICA CELEBRARASE NA
ÚLTIMA SESIÓN DO CURSO EN HORARIO DE
CLASE OU NA SEMANA OFICIAL DE EXAMES. ESIXENCIAS DA AVALIACIÓN ÚNICA: A avaliación dos estudantes que non se acollesen ao sistema de avaliación
continua consistirá na realización dunha tradución do inglés ao español
dun texto dunhas 400 palabras, que suporá un 40% da cualificación da materia, a resposta a unhas preguntas
breves sobre a materia, que suporán o 30% da
nota, e unha encomenda específica de tradución que se recibirá o día do exame e que deberá ser entregada nun prazo máximo de 48 horas (30% da nota). O exame de maio realizarase na data oficial fixada polo decanato. Calquera cambio notificarase a través da plataforma FAITIC. SEGUNDA CONVOCATORIA (XULLO) PARA
SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA CONVOCATORIA, OS ESTUDANTES DEBERÁN
APROBAR UN EXAME, QUE SE CELEBRARÁ NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO
DECANATO DO CENTRO E QUE CONSTARÁ DAS SEGUINTES PROBAS (indícase o peso
de cada proba dentro do exame entre parénteses): 1. Proba de contidos sobre a materia, que incluirá preguntas breves (30%). 2. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300-350 palabras) do inglés cara ao español (40%). 3. Encomenda específica de tradución que se recibirá o día do exame e que
deberá ser entregada nun prazo máximo de 48 horas (30%) Para o desenvolvemento da proba práctica permítese o uso de apuntamentos
e materiais impresos pero non de medios telemáticos. Para as probas de resposta curta non se
permitirá o uso de ningún destes recursos. EXCEPCIONALMENTE,
PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA
DA MATERIA NO SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA
CONVOCATORIA. PARA SUPERAR A MATERIA OS ESTUDANTES DEBERÁN OBTER POLO MENOS A CUALIFICACIÓN DE APROBADO (5) NAS TRES PARTES DA PROBA. En
calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da
convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación
de suspenso aqueles alumnos que: - Cometan máis de dúas faltas de ortografía ou erros gramaticais. - Incurran en plaxio total ou parcialmente. Os estudantes teñen dereito, se o solicitan, a un xustificante
documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa
que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal,
fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba
parcial, terá dereito a ser examinado noutra data. |