Trátase do traballo principal que se desenvolve nos laboratorios habilitados para a práctica da interpretación. Realizaranse actividades relacionadas coas principais estratexias para a interpretación simultánea na combinación en>gl, xunto con exercicios prácticos de interpretación simultánea en diferentes áreas temáticas. Para alén dos traballos realizados nas aulas, o docente orientará os estudantes sobre os traballos prácticos de interpretación simultánea que deberán levar a cabo por conta propia.
A finalidade é que o alumnado consiga realizar satisfactoriamente unha interpretación simultánea na combinación en>gl.
Resolución de problemas
Actividade práctica orientada cara á resolución de problemas e dúbidas, sobre todo de tipo técnico.