Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
As clases prácticas consisten na simulación de congresos e xuntanzas internacionais. Durante as sesiones realízanse diversos exercicios de interpretación simultánea directa e inversa de diferente extensión, direción, contidos, etc.
Vixiarase e avaliarase o traballo diario dos estudantes para controlar o seu rendemento durante os exercicios prácticos de IS en cabina e as actividades complementarias de análie crítica. Daranse consellos prácticos e indicacións para mellorar o rendemento.
Os estudantes estarán suxeitos ao control permanente de todos os traballos realizados no día a día da aula, que serán avaliados como parte da súa avaliación continua.
Dita avaliación continua (con un valor do 30% sobre o total da avaliación final) se realizará de 3 formas:
(1) a través das escoitas aleatorias que o profesor fará durante as sesións prácticas de clase.
(2) perante a entrega de grabacións para a súa corrección polo profesor, que entregará un documento coa súa valoración e consellos sobre o traballo do alumnado
(3) a través da escoita de algunha das súas grabacións durante o horario de titorías no despacho do profesor.
Mentras que (1) é aleatorio e (2) opcional, (3) é obrigatorio: todos os/as estudiantes están obrigados a pasar polol despacho do profesor cunha das súas grabacións para escoitar a síúa valoración e consellos alo menos unha vez ao longo do curso, sendo recomendable, alo menos, unha visita máis.
Recoméndase a todos os estudantes que asistan a todas as sesiones de clase.
30%
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/o simuladas. Realización dunha proba de interpretación simultánea con dúas partes, unha de inglés ao español (cun valor do 70% do total) e outra do español ao inglés (30%).
Para calificar esta proba valoraranse os seguintes elementos:
1. Técnica: capacidade de escoita activa e análise; toma de decisións respecto da información principal necesaria; estructuración, coherencia e uso de nexos; resolución de problemas. Produción: fluidez; seguridade; ritmo, ausencia de ruídos. Valor 20% do total.
2. Expresión e lingua: calidade xeral da expresión, rexistro, colocacións e terminoloxía.
Correción lingüística e vocabulario. Valor 20%.
3. Contidos: corrección e exhaustividade na transmisión dos contidos. Valor 60%.
O valor da directa (IS B-A) será un 70% do total da nota, mentras que o exame de inversa (IS A-B) será el 30% restante. |
70 |
|
|
|
|
Os exames terán lugar na data establecida nos respectivos calendarios de exames (decembro e xullo) da FFT. O exame constará da IS dun discurso en directa (inglés ao español) de entre 1.200 e 1.500 palabras e cunha duración de entre 15 e 30 minutos, máis unha proba de inversa (español ao inglés) dun discurso de entre 1.000 e 1.200 palabras (7-15 minutos). O valor das probas será: 70% para a directa e 30% para a inversa. O tema de traballo será o mesmo para ambas probas. O valor de cada un dos apartados será como segue: (1)técnica = 20%, (2) expresión = 20%, (3) contido = 60%. Para os alumnos que se acollan ao sistema de avaliacón única así como para os que se sometan á segunda convocatoria ou posteriores, as conidiciións serán idénticas ás arriba indicadas, excepto porque non haberá valoración por evaluación continua. Os exámeness se realizarán na mesma sesión para todo o estudantado |