A materia constitúe o primeiro contacto do alumnado coa interpretación consecutiva e ten por obxectivo impartir un coñecemento e manexo das técnicas básicas necesarias para a interpretación consecutiva, apoiándose nos elementos teóricos necesarios para reforzar a práctica das mesmas. Ao nivel práctica, a materia pretende preparar o alumnado para realizar interpretacións consecutivas B-A partindo de exercicios centrados nos diferentes aspectos da interpretación consecutiva: coñecementos xerais sobre os contextos profesionais nos que se desenvolve a interpretación consecutiva e comportamentos axeitados por parte d@ intérprete; o comprensión e análise de textos e discursos alleos no idioma B; expresión e estruturación de discursos propios na lingua A; reforzamento da memoria a curto prazo; toma de notas. A orientación da materia é esencialmente práctica, deseñada para proporcionar un coñecemento das técnicas básicas requiridos para realizar unha interpretación consecutiva e para detectar potenciais especialistas na interpretación consecutiva.