Esta materia é continuación das materias "Tradución idioma 2,1 inglés-español" e "Tradución idioma 2,2 inglés-español" e concíbese como un espazo didáctico no que o alumno ha de afianzar os obxectivos alcanzados nas mesmas. Ademais de pór en práctica a competencia para detectar e resolver problemas de tradución, aprenderá a deseñar estratexias xerais de tradución para o transvasamento de textos completos de diferentes variedades de uso, desenvolverá as habilidades e competencias necesarias para levar a cabo de forma apropiada o proceso de tradución nesta combinación lingüística e defender o seu traballo. Dáse por suposto que o alumno posúe bos coñecementos das linguas e culturas de traballo.