Tradución inglés-galego é unha materia obrigatoria de 6 créditos ECTS situada no segundo cuadrimestre do terceiro curso do Grao en Tradución e Interpretación. A materia, maioritariamente de tradución directa, mantén estreitas relacións didácticas, pedagóxicas, conceptuais e procedimentais coas demais materias do grao, xa que afonda nas ferramentas do proceso tradutor, que lle servirán ó alumnado para encarar, por exemplo, o estudo das traducións especializadas, inversas, etc.