Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma |
Realización de dous traballos de tradución que reproducen as características do labor profesional. |
40 |
A2 A4 A5
|
|
C2 C3 C10 C18 C24 C30
|
D1 D4 D7 D15 D23
|
Establécense dous
sistemas de avaliación, o primeiro deles de natureza continua e o segundo unha proba única. O sistema de
avaliación de natureza continua baséase na realización dunha proba final
relativa ás actividades desenvolvidas e dous traballos de tradución. Por unha
banda, a proba final relativa ás actividades desenvolvidas representa o 60% da
nota global. A devandita proba final, que terá lugar na semana do 23 de abril
de 2018, consiste en exercicios de tradución sobre textos
abordados nas clases, sen posibilidade de utilizar por tal motivo material
auxiliar de ningún tipo. Por outra banda, os dous traballos de tradución, que terán lugar
respectivamente nas semanas do 19 de febreiro de 2018 e do 19 de marzo de 2018,
proporcionan un 40% da nota global. O segundo sistema de avaliación, destinado
ao alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación única para a
convocatoria de maio (primeira edición de actas) e a todo o alumnado para a
convocatoria de xullo (segunda edición de actas), é unha proba única con exercicios de tradución referida aos contidos do programa, con posibilidade
de utilizar exclusivamente materiais lexicográficos en formato papel. A data da
proba única da convocatoria de maio e a data da proba da convocatoria de xullo
serán fixadas no calendario de exames aprobado en Xunta da FFT. No caso de
que se obteña a cualificación de suspenso na convocatoria de maio, haberá que
recuperar a totalidade da materia na convocatoria de xullo. A avaliación terá
en conta non só a pertinencia e a calidade
do contido das respostas, senón tamén a corrección lingüística. O alumnado
Erasmus deberá acreditar un coñecemento de tipo medio da lingua de partida e un
coñecemento de tipo alto da lingua de chegada. A copia ou plaxio nos traballos
de tradución e/ou na proba terá como consecuencia unha cualificación global
negativa. |