As/Os estudantes deberán escoller, de forma obrigatoria nas dúas
primeiras semanas do cuadrimestre en cuestión, entre dúas opcións: un
sistema de avaliación continua (cf. descrición en avaliación) ou
un sistema de avaliación única.
Recoméndase optar polo primeiro (avaliación continua) unha vez que se trata
do ensino dunha lingua estranxeira, sendo moi recomendable asistir con regularidade ás aulas. Quen non teña a posibilidade de asistir
de forma regular ás aulas debe comunicalo ao profesor. Non
realizar as probas ou exercicios parciais, previstos polo sistema de avaliación
continua, terá como consecuencia unha
clasificación de 0 (cero) puntos na mesma.
A data do último exame de avaliación continua coincidirá coa
data do exame "avaliación única" indicada no calendario oficial da FFT (dispoñible en http://fft.webs.uvigo.es/horarios-curso-académico).
A data do exame
oral será espertada co profesor/a e terá lugar dentro do período
de exames. A proba oral será ser gravada en formato audio, coa
debida autorización da/do estudante. É preciso superar ambos os
exames (escrito e oral) para obter unha clasificación positiva e,
en caso de suspenso nunha deles , ambos terán que ser
repetidos na convocatoria de xullo.
A avaliación única, cuxa data será indicada no calendario oficial da FFT, consiste nunha proba escrita, seguida doutra proba oral que
se realizará o mesmo día (en salas de aula contiguas). A avaliación
única será valorada da seguinte forma:
1. Proba escrita teórico-práctica: 75% da clasificación final.
2. Proba oral: 25% da clasificación final. Esta proba será gravada
en formato audio e a participación nela presupón que o/a
estudante autorice a gravación.
Quen falta sen xustificación a unha das dúas probas, quedará suspenso cunha clasificación de 0 (cero) valores na mesma. É preciso superar ambos os
exames (escrito e oral) para obter unha clasificación positiva e,
en caso de suspenso nunha deles , ambos terán que ser
repetidos na convocatoria de xullo.
Os mesmos criterios de avaliación serán aplicados na segunda edición
das actas (xullo). Neste caso, a data da proba escrita será
a data indicada no calendario oficial da FFT
(http://fft.webs.uvigo.es/horarios-curso-académico). A proba oral realizarase
o mesmo día, inmediatamente a continuación ao exame escrito.
É preciso superar ambas as probas para obter unha clasificación
positiva na cadeira.
A copia ou o plaxio nos respectivos exames de avaliación continua ou
única será penalizado cunha cualificación de 0 (cero) puntos.
Recoméndase ao alumnado, independentemente do
sistema de avaliación escollido, a asistencia regular ás aulas e ás titorías,
como tamén, a consulta dos materiais e
informacións específicos na plataforma de teledocencia Faitic.
As datas e os horarios das probas nas súas diferentes convocatorias
seguirán o calendario oficial de exames aprobado pola
Facultade para o ano académico 2017-2018. |