Esta materia preséntalle ao alumnado un panorama textual amplo, de maneira que poida familiarizarse coas diferentes estruturas textuais dos textos redactados en Idioma I. O alumnado debe analizar dende o punto de vista estilístico contrastivo os textos producidos en Idioma I, e proceder á súa tradución en lingua A mediante os uso das técnicas e estratexias de tradución adquiridas nas prácticas de 1º ano de Grao. A materia de Tradución Idioma I centra a aprendizaxe na práctica de tradución de textos redactados en Idioma I cara á lingua do alumnado.