Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro II: Francés/V01G180V01205
Segundo idioma estranxeiro III: Francés/V01G180V01304
Segundo idioma estranxeiro IV: Francés/V01G180V01404
Segundo idioma estranxeiro V: Francés/V01G180V01604
Outros comentarios
Recoméndase un nivel de lingua A2 para poder seguir a materia adecuadamente.
Recomendamos o estudo continuado da materia, a consulta da gramática recomendada para realizar os exercicios prácticos e a autocorrección.
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.
Recoméndase a asistencia a clase e o traballo constante.