PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS A avaliación será continua. Non se poderá obter a cualificación de aprobado se alén de ter feito a
presentación oral na aula e ter entregado na data o traballo tutelado escrito, non
se apresenta un portafolio final docente
que conteña: a) biografía académica,
b) selección de tres
probas de entre os debates, exercicios e resolucion de problemas e
c) autoevaluación da
aprendizaxe.
As presentacións orais terán lugar na última semana de outubro e primeiras de novembro. A entrega do cartafol dossier programarase para a primeira semana de decembro.
As partes da avaliación definidas como
"participación en debates", "exercicios, actividades e
problemas" deberán entregarse na semana seguinte á que sexan plantexadas na aula. As alumnas e alumnos que non alcancen o aprobado co sistema arriba exposto durante o periodo lectivo poderán presentarse ao exame de avaliación única no periodo de exames na data establecida no calendario aprobado pola Xunta de FFT. O día do exame deberán facer entrega do portafolio, do traballo tutelado e realizar unha presentación oral. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO) O alumnado que non alcance o aprobado neste sistema de avaliación única poderá presentarse a exame na segunda edición de actas en xullo, na data oficial correspondente aprobada pola Xunta de FFT, nas mesmas condicións que rexen para o exame de sistema de avaliación única na primeira edición de actas. NOTA: O alumnado erasmus interesado en cursar a materia deberá ter presente que
resulta altamente recomendable ter un nivel de lingua española igual ou
superior a C1. |