(A) PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (XANEIRO) 1a) Avaliación continua Para a avaliación continua computarán os
seguintes parámetros obrigatorios (entre parénteses figuran as porcentaxes
equivalentes da cualificación final): (1) Participación activa nas sesións presenciais (ata 10%). Aínda que non existe obriga de presencialidade, valorarase positivamente a asistencia ás sesións presenciais.
(2) Dúas probas parciais (50%), que puntuarán
un 25% cada unha, sobre os contidos teóricos e prácticos da materia, incluíndo
as lecturas obrigatorias. A primeira abarcará os 3 primeiros temas e terá lugar
na sesión teórica da semana inmediatamente posterior á finalización do tema 3;
a segunda proba terá lugar na data oficial de exames publicada polo decanato da FFT e abarcará os restantes temas. As datas das probas serán lembradas a
través da plataforma Faitic e na aula coa debida antelación. (3) Entrega de actividades puntuais (15%): resolución de exercicios, problemas ou actividades que a profesora solicite realizar dentro ou fóra da aula e mande entregar, con ou sen previo aviso, así como grao de desenvolvemento das actividades autónomas nas TIC. A non entrega dunha actividade en tempo e forma puntuará como cero. (4) Un traballo escrito coa súa
correspondente presentación oral (25%). Poderá ser un traballo individual ou en
parellas, segundo anuncie a profesora. A data será acordada coa profesora coa debida antelación. É requisito para superar a avaliación continua acadar unha nota satisfactoria (polo menos un 4) en cada unhas das dúas probas parciais. Excepcionalmente admitirase unha nota máis baixa de 4 nunha das probas se a/o alumna/o acada unha nota alta na outra proba que a compense. 1b) Avaliación única O alumnado que non poida seguir a avaliación continua deberá comunicarllo á profesora nos 15 primeiros días do curso. Estas/es alumnas/os serán avaliados en base a un único exame final que
computará coma o 100% da cualificación. O exame abarcará todos os contidos
explicados ao longo do primeiro cuadrimestre, incluíndo as lecturas
obrigatorias. A celebración do exame único terá lugar na data oficial do exame publicada polo decanato da FFT. A data e hora serán recordadas a través
da plataforma Faitic coa debida antelación. (B) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO) O alumnado que non supere a avaliación na primeira edición de actas deberá presentarse á
segunda edición de actas de xullo, na que será avaliado do programa completo en base a un único
exame final. O devandito exame abarcará todos os contidos do programa, incluíndo as lecturas obrigatorias, e computará
como o 100% da cualificación. O exame terá lugar na data oficial publicada polo decanato da FFT. N.B.: En caso de calquera tipo de plaxio a
cualificación final será de suspenso. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao/á alumno/a da súa responsabilidade neste aspecto. |