O alumnado debe elixir, de forma obrigatoria, nas dúas primeiras
semanas do cuadrimestre entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. descrición en "avaliación") ou un sistema de avaliación
única. É recomendable elixir o primeiro, avaliación continua, xa que se trata do ensino dunha lingua estranxeira e
é necesario asistir con regularidade ás clases. Quen non teña a
posibilidade de asisitir ás clases e ás actividades da materia
coa frecuencia necesaria, debe comunicalo ao profesor. A non
realización das probas ou exercicios parciais, previstos polo
sistema de avaliación continua, supón o suspenso cunha nota de 0
(cero) puntos na mesma. Primeira edición das actas A
data do último exame de avaliación continua coincidirá coa data
do exame "avaliación única" indicada no calendario oficial da
*FFT. A data do exame oral será acordada co profesor ao longo do
período de exames. A proba oral deberá ser gravada en forma de audio
coa debida autorización do
alumno. É necesario aprobar ambas as probas (escrita e oral) para aprobar
na materia e, ao suspender unha delas, é necesario recuperar
ambas as probas na convocatoria de xullo. A avaliación
única consiste nun exame escrito, realizado en dátaa indicada no
calendario oficial da FFT, seguido doutro exame oral que será
realizado no mesmo día nunha aula *contígua. A avaliación única será
valorada da seguinte maneira: 1. Exame escrito teórico-práctico: 75% da nota final. 2. Exame oral: 25% da nota final. A proba oral deberá ser gravada en forma de audio coa debida autorización do
alumnado. Faltar sen xustificación a un destes exames, supón o suspenso cunha cualificación de 0 (cero) puntos no mesmo. É
necesario aprobar ambos os exames (escrito e oral) para poder aprobar a
materia. No caso de que se suspenda un dos exames, o
alumno/a deberá repetir as dúas partes (escrita e oral) na
convocatoria de xullo. Segunda edición de actas Os mesmos criterios de avaliación serán aplicados na segunda edición das actas (xullo). A data do exame coincidirá
coa data destacada no calendario oficial da FFT. Consideracións xerais Copia
ou plaxio nos respectivos exames de avaliación continua ou única
será penalizado cun suspenso (0 puntos) nas mesmas. Recoméndase
a asistencia regular ás clases e ás titorías, así como
a consulta regular de materiais e información específica na
plataforma Faitic. |