– Primeira edición de actas Para acollerse ao sistema de avaliación continua descrito arriba é necesario entregar todos os traballos. Datas aproximadas de entrega dos traballos : mediados de outubro, mediados de novembro, e final de semestre, última quincena do cuadrimestre. Data exame: no período de exames na data establecida no calendario oficial da FFT. Avaliación continua: a nota é o resultado da suma de todos os traballos entregados (os traballos non entregados contan 0, o plaxio implica 0). Os estudantes que suspendan farán un exame final: valerá polo 100% da nota, e terá lugar no período de exames na data establecida no calendario oficial de exames da FFT. Avaliación única: os estudantes farán o exame final: valerá polo 100% da nota, e terá lugar no período de exames na data establecida no calendario oficial de exames da FFT. – Segunda edición das actas: Os alumnos que non superen a materia na primeira edición, farán unha proba de comprensión/expresión escrita que valerá polo 100% da nota, e terá lugar no período de exames na data establecida no calendario oficial de exames da FFT. NOTA BENE. A principio de curso indicarase unha obra de lectura obrigatoria. Alegar descoñecemento respecto dun plaxio non exime ao estudante das súas responsabilidades. |