Esta materia parte dun nivel medio-alto en lingua alemá que permite unha introdución á literatura en lingua alemá e un afondamento e ampliación nos coñecementos da cultura e dos aspectos sociopolíticos dos países xermanofalantes. Dáse especial atención á redacción e ás análises literarias, o que servirá como unha boa base para seguir profundando os coñecementos do alemán adquiridos nos cursos anteriores, procurando prestar maior atención á progresión expresiva e estilística.
Recoméndase ter, polo menos, un nivel B1 inicial de lingua alemá para cursar esta materia.