Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Exame final relativo os contidos vistos nas lecturas feitas polo alumnado pola sua conta e logo analizadas e debatidas na aula coa profesora. |
70 |
|
|
|
|
PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS: A avaliación e cualificación do traballo do alumnado se levará a cabo cun procedemento de aviación continua con exame final, de acordo coas porcentaxes descritas máis arriba. A avaliación continua comprende a participación activa nas clases, a lectura obrigatoria dos libros indicados no programa e o seu comentario nas clases para demostrar a súa lectura razoada. Ademais, nas datas oficiais marcadas no calendario publicado polo Decanato da FFT, haberá un exame final escrito da materia. O contido do devandito exame terá que ver coas lecturas feitas na aula. O exame acadará un valor do 70% da nota final. Os/As estudantes que suspendan na avaliación continua deberán examinarse de toda a materia na segunda edición de actas indicada máis abaixo. O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla a avaliación única deberá realizar tanto o exame escrito final sobre os contidos da materia, como tamén un traballo escrito adicional; o tema do traballo será acordado coa profesora responsable da materia. A data do exame escrito será a publicada no calendario oficial de exames do Decanato da FFT. A data límite de entrega do traballo escrito coincidirá tamén con esa data. A nota da materia resultará da nota media entre a cualificación obtida polo traballo escrito e a cualificación no exame, sendo preciso acadar un 5 como nota media entre ambas. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): Exame escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación. O exame terá lugar na data establecida no calendario oficial de exames publicado polo Decanato da FFT. |