Recoméndase encarecidamente a participación activa nas aulas, particularmente nas clases prácticas onde se traballa o comentario de textos e se debaten interpretacións baseadas na análise detallada das lecturas obrigatorias. Tamén se aconsella participar nos foros de debate abertos na plataforma FAITIC.
O alumnado debe consultar os materiais, foros e anuncios feitos en FAITIC, e estar ao tanto das datas nas que teñen lugar as probas de avaliación.
Recoméndase tamén non recorrer ao plaxio total ou parcial nos traballos escritos, xa que iso suporá a anulación da nota obtida nos mesmos e a necesidade de repetición desa tarefa.
É recomendable tamén facer uso dos recursos da biblioteca universitaria para a preparación dos traballos e dos exames. |