Nunha materia de inglés instrumental, a asistencia activa ás sesións presenciais constitúe un elemento chave na adquisición de competencias por parte do alumnado, polo que se recomenda encarecidamente a presencia e participación na aula.
Do mesmo xeito, para superar esta materia é necesario o traballo constante do alumnado, tanto nas sesións presenciais como a nivel persoal.
Para poder seguir as clases recoméndase posuír un nivel B2 de inglés. O nivel para superar a materia ao final do cuadrimestre deberá ser un nivel próximo o C1 de inglés. |