PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS A avaliación será continua. Para a avaliación continua computarán os seguintes parámetros obrigatorios (entre parénteses figuran as porcentaxes equivalentes da cualificación final): (1) Participación activa e lecturas previas, de ser o caso, nas sesións maxistrais (5%) e seminarios (5%). (2) Entrega de actividades puntuais (resolución de exercicios, etc.) que a profesora solicite realizar dentro ou fóra da aula, con ou sen previo aviso, así como grao de desenvolvemento das actividades autónomas nas TIC (10%). (3) Proba escrita (30%): realizarase unha vez rematada a Unidade 4 (probablemente a 6ª semana de clase) en horario de clase e abarcará os contidos prácticos explicados ata o momento. (4) Proba escrita final (50%): realizarase no periodo de exames na data para o sistema avaliación única aprobada pola Xunta da FFT (mes de maio), e abarcará tódolos contidos teóricos e prácticos explicados ao longo do cuadrimestre. Para aprobar a materia érequisito indispensable obter na proba (4) unha calificación mínima de 5 (sobre10). De non ser o caso, a materia estaría suspensa na súa totalidade aínda que a media aritméticade todas as probas sexa 5 ou superior. O alumnado que non supere a avaliación continua na primeira edición de actas (maio) deberá presentarse á proba escrita na segunda edición de actas en xullo con todo o temario. Esta proba contará o 100%. Se algún alumno/a non pode cumprir coa avaliación continua (ítems 1, 2 e 3), deberá comunicarllo ó profesorado argumentadamente ó comezo do curso, e será avaliado seguindo o sistema de avaliación única. Este alumnado poderá realizar na primeira edición de actas (maio) unha proba escrita que terá lugar no periodo de exames na data oficial aprobada pola Xunta de FFT e que suporá un 100% da nota. De non superar a materia nesta edición de actas, poderá presentarse á proba escrita na segunda edición de actas en xullo, que suporá o 100% da cualificación. O alumado que non se presente á primeria proba escrita (apartado (3)) non será avaliado seguindo o sistema de evaluación continua e deberá acollerse á avaliación única. Recoméndase encarecidamente ó alumnado asistir a cantas sesión presenciais poida. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un suspenso na cualificación final. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidadeneste aspecto. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO). A proba escrita única da segunda edición de actas en xullo representa o 100% da nota e cubrirá todos os contidos teóricos e prácticos presentados a lo londo do cuadrimestre. Terá lugar na data oficial aprobada en Xunta de Facultade.
|