Para un excelente aproveitamento das leccións maxistrais é recomendable que o alumnado teña feitas as lecturas obrigatorias antes de cada sesión para asimilar mellor os contidos que se van explicar e expor posibles dúbidas ou facer comentarios ao respecto.
Para a resolución de exercicios e outras actividades prácticas é imprescindible ter feitas as lecturas obrigatorias correspondentes así como revisado as notas das clases maxistrais.
Tanto para seguir as clases maxistrais como para a resolución de actividades prácticas recoméndase non só a consulta do libro de texto senón tamén a consulta de fontes bibliográficas complementarias. Todas elas están a disposición do alumnado na biblioteca.
É responsabilidade do alumnado consultar con regularidade os materiais e as novidades a través da plataforma Faitic e de estar ao tanto das datas nas que teñen lugar as probas de avaliación.
Competencias previas desexables:
- Bo coñecemento da lingua inglesa (nivel B2 ou superior).
- Uso dos diferentes recursos que ofrece a Biblioteca.
- Manexo básico de ferramentas informáticas e internet.
Para a consecución destas competencias previas recoméndase a asistencia a sesións formativas especializadas.
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de actividade ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá á/ao alumna/o da súa responsabilidade neste aspecto.
Durante as clases, o alumnado non poderá utilizar dispositivos móbiles (iPhone, tableta, PDA ou similares) nin computadores, a non ser que a docente permita ou requira a utilización destes dispositivos con algunha finalidade pedagóxica.
Cómpre lembrar ao alumnado que debe respectar os dereitos de copyright, tanto dos libros utilizados como apoio á docencia coma dos materiais orixinais elaborados e facilitados polas docentes na aula ou a través da plataforma de apoio á docencia.
Recoméndase ao alumnado de intercambio interesado en cursar esta materia ter un dominio da lingua inglesa alomenos correspondente ao nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.
O estudo suprasegmental iniciado nesta materia continúa na materia de 4º curso "Discurso oral do primeiro idioma estranxeiro: Inglés" (V01G180V01901) co estudo dos sistemas de entoación, entre outros contidos.
|