Recoméndase frecuentar os medios de comunicación franceses, asistir ás aulas, traballar todos os días.
Para poder seguir a asignatura recoméndase un nivel A2, e espérase alcanzar un nivel B1.
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma TEMA e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. Publicarase unha bibliografía complementaria na páxina da materia na plataforma de tele ensino.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
|