Recoméndase a asistencia e participación activa nas sesións presenciais, por constituír un elemento chave na adquisición das competencias desta materia por parte do alumnado. Porén, a asistencia por si mesma non é un elemento avaliábel.
Aconséllase tamén o estudo diario dos contidos gramaticais e léxicos impartidos nas aulas, así como a realización de exercicios prácticos sobre ditos contidos de xeito autónomo.
Para poder seguir mellor as clases é aconsellábel posuír un nivel B1 (intermedio) de inglés.
Recoméndase o uso dos recursos da biblioteca.
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Faitic e estar ao tanto das datas nas que teñen lugar as probas de avaliación. |