Código |
Descrición |
A1 |
Que as/os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se atopa a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que as/os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que as/os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que as/os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que as/os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B5 |
Adquirir os coñecementos necesarios para a comprensión, desenvolvemento, análise, avaliación e aproveitamento para o futuro profesional dos recursos lingüísticos e literarios. |
B10 |
Mostrar coñecemento sobre outras culturas e expresións artísticas e ser competente para sensibilizar as persoas do entorno na apreciación da diversidade, interculturalidade e multiculturalidade. Así mesmo, explorar as repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos e da aprendizaxe das linguas estudadas no grao. |
B13 |
Ampliar o interese polas linguas, a literatura, a cultura, e pola lingüística teórica e aplicada. |
C14 |
Sentar as bases e desenvolver as habilidades de comprensión e expresión oral. |
C15 |
Sentar as bases do repertorio léxico básico do segundo idioma estranxeiro e expandir estes coñecementos a outras terminoloxías máis complexas. |
C16 |
Desenvolver as nocións gramaticais básicas e expandir estes coñecementos a estruturas máis complexas. |
C17 |
Fomentar a capacidade de desenvolvemento da lingua en uso e a aplicación práctica dos coñecementos gramaticais, léxicos e fraseolóxicos. |
C18 |
Sentar as bases e desenvolver a comprensión e expresión oral e a correcta expresión gramatical. |
C19 |
Sentar as bases e desenvolver a comprensión dos aspectos fundamentais socio-culturais e de civilización dos países nos que se fala o segundo idioma estranxeiro. |
C147 |
Desenvolver o sentido de conciencia lingüística do segundo idioma estranxeiro como un sistema, dos seus mecanismos e formas de expresión. |