Nesta materia se parte dun nivel cero de alemán, polo que non é necesario ter coñecementos previos.
Recoméndase a asistencia ás clases, a participación activa nas mesmas e o traballo regular, así como o uso dos recursos da biblioteca.
Recoméndase ademais ter en conta os dous aspectos seguintes:
1. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo do curso ou no exame final suporá un cero nesa proba.
2. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que teñen lugar as distintas probas de avaliación.
Ao final desta materia espérase alcanzar o nivel A1.1. en alemán. |