Os alumnado debe posuír un nivel intermedio ou B.1 como mínimo para poder seguir as clases e obter o nivel final suficiente.
Recoméndase que o alumnado siga a avaliación continua.
Para conseguir unha avaliación positiva é imprescindible que os/as alumnos/as presten a máxima atención en clase ao desenvolvemento do temario e á aplicación dos conceptos impartidos.
Fóra de clase é imprescindible a realización das tarefas e exercicios prácticos. Recoméndase o estudo diario da materia, xa que a aprendizaxe dun idioma require un estudo constante e progresivo.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumno/a da súa responsabilidade neste aspecto.
Todos os títulos da bibliografía están accesibles na biblioteca ou senón na fotocopiadora da Facultade de Filoloxía. |