Código |
Descrición |
A1 |
Que as/os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se atopa a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que as/os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que as/os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que as/os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que as/os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Fomentar e mellorar a capacidade de comunicación nas linguas de estudo no grao, en diferentes contextos sociais, profesionais e culturais coas/os falantes das devanditas linguas, desenvolvendo as destrezas de comprensión e expresión orais e escritas, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural, incluíndo a defensa dos dereitos fundamentais, de igualdade social, de xénero, raza e orientación sexual, e os valores propios da democracia e a cultura da paz. |
B4 |
Adquirir as ferramentas e técnicas metodolóxicas básicas para o estudo e a análise lingüística e literaria. |
B7 |
Participar en debates e actividades en grupo, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, realizando contrastes críticos e respectuosos, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural dos países das diversas linguas estranxeiras, de defensa de dereitos fundamentais, de principios de igualdade e de valores democráticos. |
B9 |
Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais nas diversas linguas estranxeiras, formulando hipóteses, utilizando unha metodoloxía apropiada para transmitir ideas de xeito eficaz e válido, seguindo as convencións académicas e empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos. |
B11 |
Visibilizar e valorar as contribucións feitas polas mulleres á literatura e á cultura producida no primeiro idioma estranxeiro nos seus diferentes ámbitos xeográficos e culturais. De igual modo, identificar os mecanismos de exclusión e discriminación das mulleres na linguaxe e adquirir formación no uso de linguaxe inclusiva. |
C1 |
Mellorar o coñecemento da lingua instrumental co fin de obter unha competencia lingüística e comunicativa na lingua obxecto de estudo. |
C3 |
Desenvolver o sentido de conciencia lingüística do primeiro idioma estranxeiro como un sistema, dos seus mecanismos e formas de expresión. |
C4 |
Desenvolver as nocións fundamentais de vocabulario en temas básicos e expandir estes coñecementos a temas máis complexos, fomentando a aplicación práctica do vocabulario á lectura e redacción de textos, así como á comprensión e expresión oral. |
C7 |
Desenvolver a capacidade crítica respecto ás diferentes aproximacións textuais e as súas implicacións. |
C8 |
Mellorar a compresión lectora en rexistros formais e semiformais, entender a organización do texto e deducir o significado polo contexto. |
C9 |
Incrementar a destreza de expresión escrita nunha variedade de temas e unila á expresión oral. |