Recoméndase o estudo diario da materia, a lectura das explicacións gramaticais dadas na clase, o desenvolvemento de exercicios prácticos e a autocorrección. Para poder seguir as clases recoméndase posuír un nivel B1 de inglés.
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido senón tamén a súa corrección lingüística.
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Faitic e de estar ao tanto das datas nas que as probas terán lugar.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumno/a da súa responsabilidade neste aspecto.
Durante a realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenador, conexión a internet ou calquera outro medio electrónico. |