O curso ten unha orientación práctica. Para poder seguir as clases recoméndase posuir un nivel B1 de inglés. O nivel para superar a materia ao final do cuatrimestre deberá ser B1.2. 1ª edición de actas (xaneiro): Avaliación Continua A avaliación continua constará da catro partes: speaking (40%), vocabulario (20%), gramática (20%), listening (20%). Será necesario aprobar cada unha destas partes para aprobar a materia na 1ª edición das actas. Un suspenso nunha destas partes implica un suspenso na materia (ver sección 2ª edición de actas). Haberá unha proba de vocabulario e outra de gramática a mediados de curso e outra a finais durante o periodo lectivo. A nota media das dúas conformará a nota final. No speaking e no listening farase media pero prevalecerá a nota final. O alumnado que non poida asistir a algunha destas probas, sexa polo motivo que sexa, deberá falar coa profesora para facer esa proba o día da avaliación única. Ese exame será na data establecida no calendario de exames aprobado en Xunta da FFT. O alumnado que non poida ou non desexe facer a avaliación continua deberá comunicarllo á profesora nas dúas primeiras semanas do curso. Terá a oportunidade da avaliación única. 1ª edición de actas (xaneiro): Avaliación Única
O exame
para o alumnado de avaliación única será na data establecida no calendario de
exames aprobado en Xunta de FFT. Consistirá nunha proba única con catro
partes: vocabulario, gramática, listening e speaking. Para a proba de
speaking os/a alumnos/as deben preparar unha presentación de tres minutos
baseada nos contidos do curso. Deberán aprobarse cada unha das partes
para aprobar a materia. 2ª edición de actas (xullo) (a) O alumnado fará soamente as partes das probas que suspenda na primeira edición das actas; é dicir, o alumnado que suspenda algunha(s) das
partes fará soamente esa(s) partes na proba da segunda edición das actas
(xullo) e gardaranse esa(s) parte(s) só ata xullo do correspondente
curso académico. (b) A segunda edición das actas consistirá nunha proba única con catro partes: vocabulario, gramática, listening e speaking. Para a proba de speaking os alumnos deben preparar unha presentación de tres minutos baseada nos contidos do curso. Deberán aprobarse cada unha das partes para aprobar a materia. |