Para poder seguir a materia cómpre ter un nivel de lingua galega equivalente ao bacharelato.
É aconsellable a asistencia ás clases e ás titorías sempre que sexa posible, mesmo no caso de non se acoller á modalidade de avaliación continua.
Na avaliación hase ter en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
É responsabilidade do alumnado consultar de raro en raro a información colgada na plataforma FAITIC: novidades, documentos, cualificacións, avisos... así como as datas de realización das diferentes probas.
Lémbrese que calquera tipo de plaxio ( traballos, exames...) será penalizado co suspenso.
|