Recoméndase a dedicación constante durante as semanas dedicadas a esta materia.
Dada a cantidade de pequenas probas de todas as destrezas do idioma, será necesario prestar especial atención ás datas de entrega dos exercicios correspondentes a cada unha das tres unidades do curso.
Recoméndase realizar a gravación de audio con tempo suficiente para detectar calquera problema no envío da mesma a través da plataforma de teledocencia e, de ser co caso, acordar coa docente un xeito alternativo de envialas.
Os exercicios do bloque final de cada unidade ("Academic essays") conteñen textos específicos do campo da administración pública con vocabulario especializado que será de especial utilidade para o alumnado do mestrado. |