Foros de discusión |
Na plataforma da materia haberá dous foros:
O primeiro será un Foro de Novas, onde a docente publicará notificacións sobre os contidos, calendario, exercicios, etc.
O segundo será un Foro de Dúbidas, onde o alumnado poderá publicar mensaxes sobre cuestións específicas relacionadas cos contidos, metodoloxía e avaliación da materia, que serán contestadas pola docente. |
Titoría en grupo |
Cando sexa necesario, a docente convocará titorías virtuais para todo o alumnado para resolver dúbidas, obter e facilitar feedback e intercambiar impresións. |