Código |
Descrición |
A3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B2 |
Capacidade de analizar, sintetizar e integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos con información limitada. |
B3 |
Capacidade de realizar reflexións e análises críticas sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
C1 |
Coñecer e aplicar a metodoloxía e deseño de investigación empírica nas ciencias sociais así como as súas principais técnicas cualitativas e cuantitativas. |
D1 |
Capacidade de argumentar e defender ideas en base a criterios científicos. |
D2 |
Capacidade de crítica e auto-crítica. |
D4 |
Capacidade para comunicarse con expertos do mesmo eido e doutros eidos afíns así como con públicos non especializados. |
D5 |
Habilidade de aprendizaxe autodirixida e traballo autónomo no eido das ciencias sociais. |