No marco do Máster en Dirección Publica e Liderado Institucional da Universidade de Vigo, o Módulo II titulado "RECURSOS PARA A MELLORA DA DIRECCIÓN PÚBLICA I: Xestión de organizacións e persoas“ inclúe a materia "Valor público. Administración financeira e orzamentaria”.
Esta materia ten unha relación directa coa Competencia Especifica da materia: “Coñecer a estrutura e procesos de financiamento e orzamentación das organizacións públicas”.
Para o desenvolvemento destes contidos seguiremos un esquema clásico, descritivo, introducindo sínteses interpretativas e –tratándose da Administración Pública é imprescindible- o soporte normativo sobre o que se asintan. Así como cuestións prácticas que faciliten unha mellor comprensión da materia.
A modo de presentación incorporo no espazo da materia en Faitic un breve documento que permite coñecer o meu perfil profesional.
Así mesmo incorporo un índice da materia que imos abordar e un texto que desenvolve devandito índice.