A presente materia, inserida no programa formativo do Máster Universitario en liña de Dirección Pública e Liderado Institucional da Universidade de Vigo, pretende.
-Dar a coñecer as principais teorías ou enfoques do estudo do liderado na literatura académica de xestión directiva.
-Facilitar a comprensión dos elementos ou factores fundamentais para a análise do liderado público.
-Propor unha reflexión acerca dos problemas e dificultades para concretar o impacto do liderado no ámbito público e a valoración do seu éxito.
Igualmente, ao longo do curso preténdese abarcar o concepto, principios de desenvolvemento e principais habilidades vinculados á xestión de equipos de traballo. Para iso, o fío argumental da segunda parte do curso arrinca da interpretación do concepto de equipo, do coñecemento das súas características e evolución e culmina na achega de técnicas básicas para garantir o seu funcionamento e mellorar o rendemento dos integrantes.