Estimados colegas, benvidos a esta materia sobre dirección de persoas como eixo de cambio nas organizacións públicas. Podedes mirar o vídeo de presentación desta materia. Os obxectivos son:
Coñecer mellor a organización e estrutura dos recursos humanos nas administracións públicas de España.
Entender a diferenza e alcance da dirección de persoal versus a dirección de persoas.
Analizar as estratexias de motivación dos empregados públicos que deben exercer os directivos.
Estudar as organizacións como sistemas de poder, organización informal e o conflito. O directivo debe
tamén liderar a organización informal (a real), xestionar o conflito e entender e canalizar a cultura
organizativa.