O propósito principal desta materia é facer unha introdución a aspectos crave da teoría explicativa da estabilidade e o cambio político e administrativo. Para iso, comezarase por analizar algúns dos conceptos crave da Teoría política empírica, para despois ofrecer unha serie de ferramentas teóricas actuais mediante as cales explicar e analizar distintas facetas da vida política e administrativa no contexto das nosas democracias liberais.
O curso tratará os modelos de decisión, tanto individual como en grupo, para entrar posteriormente en asuntos relacionados co problema da acción colectiva e os bens públicos, a fin de concluír co exame, desde
unha perspectiva propia da teoría política, dalgunhas institucións fundamentais.
O enfoque adoptado corresponde ao da teoría política empírica, en que se explica a análise da realidade política desde tres enfoques coas súas teorías: a elección racional, o institucionalismo e a teoría sistémica, con especial énfase no estudo da gobernanza.