O temario que figura no
apartado de contidos constitúe unha versión resumida das leccións que
serán obxecto de exame. Oportunamente, a comezo do curso académico,
proporcionaráselle ao alumno un temario máis detallado cos epígrafes que
conforman cada lección.
Primeira oportunidade de exame: 1.-
Os alumnos que se someten a avaliación continua serán avaliados
conforme aos criterios que se indicaron máis arriba: proba final (60%),
probas de resposta curta ou test (20%) e outros (20%). Na proba final, o
exame de teoría e oral suporá o 80% e o práctico, por escrito, suporá
un 20%. En todo caso, o alumno deberá alcanzar unha cualificación mínima
de 4 sobre 10 na proba final para que se lle teñan en conta as
cualificacións obtidas mediante o sistema de avaliación continua. Os
alumnos que se someten a avaliación continua teñen a posibilidade de
optar, no prazo establecido pola docente, pola realización da proba
final teórica de modo escrito. Para iso deberán incluir o seu nome na
listaxe que se lles facilitará semanas antes da data de realización da
proba final. Recibiranse indicacións ao respecto a través da plataforma
FAITIC. 2.- Os alumnos que NON se someten a avaliación continua, ou
que queden excluídos do devandito sistema: a súa cualificación estará
integrada polo 80% da cualificación obtida no exame teórico oral e o 20%
da cualificación obtida no exame práctico escrito, sendo este último
diferente ao que realicen os alumnos de avaliación continua. Estes
alumnos teñen
a posibilidade de optar, no prazo
establecido pola docente, pola realización da proba final teórica de
modo escrito. Para iso deberán incluir o seu nome na listaxe que se lles
facilitará semanas antes da data de realización da proba final.
Recibiranse indicacións ao respecto a través da plataforma FAITIC.
Segunda oportunidade de exame: 1.-
No exame de xullo só se realizará unha proba final, que constará de
duas partes: unha práctica escrita (na que se resolverán un ou varios
casos prácticos) e unha teórica oral (na que se formularán distintas
preguntas sobre o temario da materia). 2.- Os alumnos que se someteron ao sistema de avaliación continua conservarán a nota que obtivesen no curso. 3.-
Para os alumnos que non se someten a avaliación continua, ou que queden
excluídos do devandito sistema: a súa cualificación estará integrada
polo 80% da cualificación obtida no exame teórico oral e o 20% da
cualificación obtida no exame práctico escrito, sendo este último
diferente ao que realicen os alumnos de avaliación continua. 4.- Aos
alumnos que se someteron ao sistema de avaliación continua e non
superasen a proba final nin na primeira oportunidade de exame nin na
segunda conservaráselles a nota obtida a través de devandito sistema
durante o curso académico seguinte, sempre que o alumno manifeste o seu
acordo.
CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA O exame da
convocatoria de Fin de carreira será unha proba teórico-práctica
escrita, cuxa cualificación será o 100% da nota. A cualificación estará
integrada polo 80% da cualificación obtida no exame teórico e o 20% da
cualificación obtida no exame práctico. Non se terá en conta en ningún
caso a avaliación continua do ano anterior.
METODOLOXÍA E AVALIACIÓN DA MODALIDADE SEMIPRESENCIAL
NORMAS BÁSICAS DE SEMIPRESENCIALIDADE: 1. O alumnado matriculado na modalidade semipresencial se compromete co equipo docente a seguir un réxime de "avaliación
continua semipresencial", que implica a participación presencial ou
virtual nas actividades que o profesorado deseñe para a dita
modalidade. 2. A modalidade semipresencial supón a
avaliación continua da aprendizaxe do alumnado. A tal fin establécese
con carácter xeral, que a proba final obratoria terá lugar de modo
presencial na data e hora establecidas no calendario de exames aprobado
pola Xunta de Facultade, supoñendo o 60% da nota global. Este exame
final estará integrado por unha proba teórico-oral e unha proba práctica
escrita. O 40% restante corresponderase coa avaliación continua, que
pode realizarse ben a través de medios virtuais (empregando a plataforma
FAITIC) ou ben asistindo ás sesións prácticas presenciais distribuidas
ao longo do cuatrimestre.
3. O alumnado que non participe en máis do 80% das actividades “de avaliación continua semipresencial” propostas polo profesorado, será avaliado nun 100% en función dos resultados obtidos na proba final teórico-práctica.
|