Código |
Descrición |
B3 |
Capacidade para aplicar técnicas e procedementos da composición da imaxe aos diferentes soportes audiovisuais, a partir do coñecemento das leis clásicas e dos movementos estéticos e culturais da historia da imaxe |
B4 |
Habilidade para expor os resultados dos traballos académicos de maneira escrita, oral ou por medios audiovisuais ou informáticos de acordo aos canons das disciplinas da comunicación. |
B6 |
Coñecementos sobre a evolución histórica da imaxe e da cultura audiovisual, nos seus diferentes formatos |
C13 |
Capacidade para deseñar a posta en escena, iluminación e dirección de actores dunha produción audiovisual. |
C19 |
Coñecemento e aplicación das tecnoloxías audiovisuais (fotografía, cinema, radio, televisión e multimedia) en función das súas capacidades expresivas. |
C21 |
Capacidade para levar a cabo a gravación, composición, edición e postproducción de produtos audiovisuais. |
C23 |
Capacidade para escribir con fluidez guións para os diferentes formatos audiovisuais |
C24 |
Coñecemento e aplicación das técnicas e procesos de produción e realización audiovisual nos formatos e soportes contemporáneos |
D2 |
Ser capaz de traballar en equipo e de comunicar as propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio. |
D3 |
Ser capaz de asumir riscos expresivos e temáticos, aplicando solucións e puntos de vista persoais no desenvolvemento dos proxectos. |
D4 |
Ser capaz de organizar as tarefas, realizándoas de maneira ordenada e adoptando con lóxica as decisións prioritarias nos diferentes procesos de produción audiovisual. |