Guia docente 2017_18
Facultad de Bellas Artes
Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda
 Materias
  Ilustración de Moda
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Haberá unha serie de actividades dirixidas ao coñecemento e por tanto de contido máis teórico, que se inclúen no Tema 2: FORMULACIÓN DE DESEÑOS e Tema 3: REALIZACIÓN DO PORTFOLIO. O profesor supervisará un a un os distintos exercicios e fará as observacións oportunas en cada caso. Todos os exercicios serán conservados polos alumnos a fin de analizar a súa progresión e poder ser utilizados como fonte de información en casos futuros.
Obradoiro Dado que gran parte dos contidos son de aptitudes e de “saber facer”, é por isto que o tipo de aprendizaxe máis idónea é o baseado na proposta de exercicios e no hábito diario dentro da aula de EXERCICIO → RESOLUCIÓN → CORRECCIÓN → REPETICIÓN. Esta cadea metodolóxica baseada na repetición é o método máis rápido e eficaz de adquirir habilidades, a condición de que o alumnado participe diariamente desta actividade. Así pois, ao comezo de cada clase o profesor exporá o tema a traballar, para o que ademais dunha exposición realizará unha demostración práctica. A continuación os alumnos tratarán de aplicar os conceptos explicados nos seus debuxos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000