AVALIACIÓN A avaliación é considerada nesta guía como un proceso formativo máis no seguimento dos obxectivos aos que se aplica unha metodoloxía adaptada aos perfís formativos, coincidente coas propostas do alumnado, así como os resultados que se obterán na materia, que sirve de orientación aos logros persoais acadados polos discentes, de modo que saiban organizar a súa tarefa eficazmente, enfrontando o factor fracaso ou, no seu caso, a baixa cualificación, coa corrección de metodoloxías e actitudes de pobre resultado ou carentes da efectividade temporal establecida polo programa. O obxectivo da avaliación adáptase ao calendario docente e informa ao alumnado de cal é o seu grao de excelencia con respecto á materia. O proceso de avaliación é continuo desde os seus comezos e concrétase especificamente en: · Formulación do preproxecto, discusión, revisión e cualificación do proxecto que se desenvolverá durante o cuadrimestre. · Presentación e defensa do proxecto en público usando un modelo de presentación audiovisual ou multimedia. · Aprobación e posta en acción do proxectado. A entrega será única ao final do período e a proposta/obxecto artístico xerado deberá axustarse aos obxectivos e intencionalidades do proxecto, así como ás especificidades do bloque de contidos temáticos e os obxectivos da materia. Todos aqueles alumnos que non acaden unha nota suficiente poden presentarse ao exame final de febreiro, que consistirá na presentación do proxecto persoal e a realización posterior en forma de produción/post-produción da formulación/obxectualización gráfica, acorde cos modelos estéticos e de desenvolvemento práctico presentados na materia de “Proxectos gráficos dixitais”. O exame correspondente a xullo do presente ano terá os mesmos requisitos que os necesarios para o exame final da materia no cuadrimestre e requirirá do alumno o coñecemento do temario da dita materia que figura na guía docente. Probas de avaliación de convocatorias extraordinarias http://belasartes.uvigo.es/bbaa/index.php?id=31 |