Metodoloxías integradas |
Aplicaremos unha metodoloxía baseada na indagación en base a seguintes fases:
1) Focalización: os/a alumnos/as describen e clarifican as súas ideas, a través da discusión e o debate, abordando temáticas da materia.
2) Exploración: os/as estudantes traballan con materiales concretos ou información específica buscando respostas aos seus cuestionamentos.
3) Reflexión: os/as alumnos/as organizan os datos, comparten as ideas e analizan e defenden os seus resultados. Durante esta fase o relevante é comunicar ideas e explicar os procedementos, o que axuda a consolidar a aprendizaxe.
4) Aplicación: o alumnado levará a cabo o aprendido realizando un recurso / prototipo e unha memoria explicativa do proceso.
|
Obradoiro |
Espazo para o traballo en grupo onde se entrecruzan experiencias, intereses, opinións e coñecementos. Pensar en grupo favorece a interconexión de ideas, relacionando o individual e o colectivo.
Empregaremos unha metodoloxía participativa estimulando as motivacións individuais para que poidan revertir nas metas do grupo e integrarse no proceso de ensinanza aprendizaxe. Aplicaremos dinámicas de grupo e técnicas técnicas visuais (videoforum, filmacións do grupo…) que faciliten a comunicación e a experimentación de diferentes roles dentro do grupo.
|
Debate |
O debate é unha ferramenta de ensinanza aprendizaxe, xira entorno a unha pregunta ou problemática a analizar polos/as alumnos/as. Durante o mesmo os/as alumnos/as exporán e argumentarán o seu posicionamento que se porá en cuestión para finalmente extraer unhas conclusións.
Mediante esta ferramenta conseguiremos que o/a alumno/a desenvolva distintas competencias cognitivas, de análisis, de expresión en público, argumentativas, etc., ao ter que comunicar e defender os seus coñecementos en público, facendo que este sexa significativo.
|