Arte e Modernidade é unha asignatura compartida entre dous profesores: Susana Cendán (80%) e Rebeca López Villar (20%)
A metodoloxía da asignatura estructúrase en clases teórico/prácticas. As CLASES TEÓRICAS (2 horas á semana) consisten na exposición oral dunha serie de contidos apoiados en soportes audiovisuales cuxo obxectivo é que o alumno alcance puntos de vista propios e globalizadores sobre os contidos da materia.
As introducións teóricas inician ao alumno no territorio da Historia da Arte de forma gradual e ordenada. A asistencia ás clases teóricas é un requisito imprescindible para a correcta comprensión dos contidos do programa, supoñendo a mesma un 5% do valor da asignatura. Prégase puntualidade. Desaconséllase o acceso á aula unha vez haxan transcurrido 20 minutos desde o comezo da clase. As CLASES PRÁCTICAS estructúranse en catro grupos ou seminarios de traballo (P1, P2, P3 e P4) dunha hora de duración. As clases prácticas amplían e profundan nos contidos teóricos da asignatura, permitindo desenvolver análises sobre problemáticas concretas así como unha participación real e eficaz do alumno. Os contidos das clases prácticas son hetereoxéneos e varían en función da actualización anual dos contidos: lecturas e análises de textos, ciclos de cine, exercicios prácticos de repaso da asignatura, accións artísticas, debates sobre problemáticas relacionadas coa creatividade, saídas de estudos, etc. Para que se contabilicen as clases prácticas, só se permitirán 2 FALTAS e xustificadas. Prégase a máxima puntualidade. Desaconséllase o acceso á clase unha vez haxan transcurridos 20 minutos do comezo da clase. A formación dos grupos de traballo ten un carácter limitado no tempo. A profesora indicará o prazo para a conformación dos grupos. Sobre as horas de traballo autónomo do alumno. O modelo educativo do EEES (Espazo Europeo de Educación Superior) aboga por metodoloxías docentes orientadas a favorecer a aprendizaxe activa do estudante, a súa implicación e autonomía. A aprendizaxe non comeza e remata no aula. O alumno, como protagonista do seu proceso de aprendizaxe, debe asumir o papel de actor principal e actuar consecuentemente, tanto dentro como fora do aula: a súa formación depende en gran medida do traballo que realiza fora do aula. Así o contempla o sistema de transferencia de créditos ECTS. En definitiva, a avaliación da asignatura Arte e Modernidade conxuga as modalidades que se detallan a continuación: 1. Unha avaliación continuada baseada na asistencia e realización dos exercicios e actividades propostas aos grupos de traballo no seu correspondente seminario. A perteneza a un grupo de traballo é inamovible. Non se valorará a realización de exercicios fora do grupo de traballo correspondente. Si o seguimiento do traballo é discontinuo (máis de dúas faltas) non se valorará.
Terase en conta a puntualidade das entregas dos exercicios nas datas estipuladas. A falta de puntualidade nas entregas valorarase negativamente.
A avaliación continuada supón un 35% do valor da asignatura. 2. Unha avaliación final formalizada nunha proba de exame de carácter sumatorio, e cuxo valor supón un 65% do total da asignatura. A aplicación da presente proba permítelle ao profesor analizar resultados e obter valoracións individuais de cada alumno ao final do cuatrimestre.
ACLARACIÓNS IMPORTANTES: 1. Para que se contabilizen as prácticas (é dicir, para que éstas fagan media co exame teórico) haberá que sacar un mínimo de 4 puntos na proba teórica. 2. IMPORTANTE: As convocatorias de xuño/xullo son dúas convocatorias diferentes. En ningún caso se pode entender a convocatoria de xullo como unha oportunidade para subir nota. Probas de avaliación de convocatorias extraordinarias http://belasartes.uvigo.es/bbaa/index.php?id=31 |