Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma |
Valorarase a capacidade de resolución de problemas, elaboración de informes e indicadores, e aplicación dos coñecementos adquiridos nas clases prácticas. |
20 |
A2 A5
|
B1 B2 B3 B8 B10
|
C1 C2 C10
|
|
Traballos e proxectos |
Valorarase a capacidade para buscar información, organizar o tempo e colaborar con equipos para a realización de traballos e proxectos en grupo. |
25 |
A3
|
B7 B8 B9 B10
|
C1 C2 C10
|
D3
|
Haberá dúas posibilidades de avaliación:
A) A avaliación da materia será continua. O 50% da nota configurarase a partir de exames tipo test sobre os contidos da materia, o 20 % da nota basearase na resolución de exercicios, prácticas, problemas e análisis de caso, e o 30 % será a nota dun proxecto en grupo, de obligatoria entrega e exposición. Para superar a materia por avaliación continua é preciso terse presentado a todas as probas, entregar todas as prácticas requeridas e realizar e presentar o proxecto en grupo. O alumnado que supere a materia mediante avaliación continua non precisará presentarse ó exame final da materia.
B) Cando non proceda a avaliación continua (por que o alumno así o teña decidido ou por non ter superado a avaliación continua) realizarase un exame final, que poderá incluír preguntas de tipo test e de resposta curta/problemas sobre o contido das clases maxistrais, das prácticas de aula informática, das lecturas e debates e demais exercicios e tarefas do curso. Neste caso a nota da parte test do exame constituirá o 60% da nota final e a parte de resposta curta o 40%. O exame correspondente á segunda e posteriores convocatorias seguirá o mesmo modelo que o exame final (opción B).
Os estudantes que non participen na avaliación continua nin realicen o exame final, figurarán nas actas como non presentados. O alumnado que suspenda a avaliación continua e non se presenten ó exame final, figurará nas actas como suspenso.
O alumnado que aprobe a avaliación continua e desexe subir nota, poderá presentarse ó exame final (nese caso a nota do exame final sustituirá a todos os efectos á nota obtida mediante avaliación continua). As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2017-2018.
En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU. |