Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma |
Durante o curso, proporase cada aos alumnos un conxunto diverso de exercicios complementarios, que poden incluir problemas de cálculo, análises de casos, lectura de artigos científicos, lectura de artigos de prensa, videos, etc. Estas actividades serán realizadas individualmente ou en grupo, según proceda, e contarán cunha parte non presencial, de traballo autónomo e outra parte de presentación e corrección en aula.
Este tipo de exercicio require que o estudante teña acceso a Internet, pois será necesario acceder á Plataforma Tema para descargar a información, así como acceder ás Bases de Datos Oficiais. En todo caso, os alumnos sempre disporán de internet nas Aulas de Libre Acceso da Facultade. |
Debate |
A través da Plataforma Tema proporáselle ao alumno un conxunto de lecturas relacionadas cos contidos dos temas do Programa. Posteriormente, haberá unha sesión presencial para o debate aberto na aula ó redor dos contidos das lecturas propostas. |
Prácticas en aulas informáticas |
Nas prácticas nas aulas de informática o alumnado realizará exercicios e análises de casos nos que o alumnado aprenderá a manexar información estatística coas técnicas de análise máis habituais. Con estas prácticas o alumnado aprenderá a organizar información, sintetizar e depurar datos, construir indicadores, etc. Isto esixirá a realización de cálculos básicos (taxas de variación, números índice, etc.) e a súa representación gráfica. |