Esta materia desenvolve os contidos, métodos e ferramentas asociados á estratexia de operacións. Nela afóndase en aspectos relacionados coa selección e deseño do produto, modo e lugar de elaboración, recursos necesitados e a sua organización, e calquera outro aspecto necesario para que a empresa poida realizar o proceso produtivo para o que foi creada.