O conxunto de probas especificado arriba constitúe o sistema de avaliación continua. Para superar a avaliación continua será obrigatorio a realización dos traballos e de todas as probas citadas anteriormente. Para que as probas de avaliación, sexan tidas en conta na nota final da materia, o alumno debe obter en cada proba ou conxunto de probas como mínimo o 50% do valor asignado a ditas probas. Para superar a materia é necesario superar o exame final e acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 na materia. O resultado da avaliación expresaráse unha escala de 0 a 10 puntos. No caso de superar o exame, a nota final da materia resultará da suma da nota acadada no exame e das notas dos traballos realizados nas prácticas e as actividades presenciais. No caso de non superar o exame, a nota final da materia será a resultante de expresar a nota do exame final nunha escala de 10 puntos. Para aqueles alumnos que non sigan a avaliación continua o sistema de avaliación será unha proba global de toda a materia que valerá o 100% da nota. Condutas inadecuadas, contrarias e prexudiciais á convivencia e á súa corrección, poderán ser sancionadas coa perda do dereito á avaliacióncontinua por parte do estudante responsable. Calquera evidencia de traballos e probas plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso en todas as convocatorias do curso académico. IMPORTANTE: As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes
convocatorias son as especificadas no calendario de probas de
avaliación aprobado pola Xunta de Centro da Facultade de CC. Empresariais e Turismo para o presente curso académico. Non obstante, o calendario pode ser modificado ó longo do curso por
algún imprevisto. Consulten a páxina web da Facultade por se hai cambios no mesmo. No caso de conflito ou
disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da Facultade (http://fcetou.uvigo.es/index.php/gl/exames). |