Dereito Mercantil é unha materia que se cursa no segundo cuadrimestre do primeiro ano do Grao en Administración de Empresas. Nela estúdanse os principais aspectos do estatuto xurídico do empresario, a organización xurídica da empresa e a actuación dos empresarios no mercado, de modo que o alumno perciba e comprenda que o mercado é un espazo regulado por normas xurídicas no que os suxeitos que interveñen contraen dereitos e obrigacións esixibles, chegado o caso, ante os tribunais de xustiza.